MAGOSTO
Desta volta, chegada a fin do verán e inicio do outono coincide coa etapa da fin da colleita das hortalizas, froitas e legumes, sendo un dos últimos froitos en poder recollerse as castañas, tan populares antigamente, cando non había patacas, estas eran un dos elementos máis importantes da alimentación das familias aquí en Galicia.
Nesta festividade rendemos homenaxe a este froito tan rico xuntando a amigos/as e familias á redor dunha fogueira e asándoas, cocendoas ou comendoas cruas mestras desfrutamos dos xogos populares, cantigas e música tradicional, configurando así unha xornada divertida e animada que xira arredor deste froito tan popular na nosa terra.
Premendo na seguinte imaxe poderás aportar receitas, xogos, cantigas e adiviñas relacionadas con esta festividade, axudando así, xunto a toda a comunidade educativa a crear unha recopilación de ideas e actividades que xiran en torno a esta festividade gastronómica tan popular en Galicia.
Grazas pola vosa colaboración!!!!!
Commentaires