RELATOS DE SAMAÍN
Estamos buscando novos escritores e escritoras para crear un libro de historias do SAMAÍN que será publicado na Biblioteca do CEIP de Viñagrande.
Para atopar estas historias e relatos contamos coa vosa axuda, onde deberedes crear un texto relacionado con este festexo de orixe celta, que conmemora o final da tempada de colleita e chegada do inverno, fin do verán, posto que a poboación celta dividía o ano en dúas metades, verán e inverno. Tamén é o día onde a fronteira entre o mundo dos vivos e o dos mortos estaba máis preto, podendo estos últimos comunicarse e visitar os seus fogares, onde se lle deixaban candeas en cabazas alumando na escuridade para poder atopar o camiño de volta ás súas casas nesa máxica noite.
ENTREGA
A data límite de entrega será o martes 27 de outubro incluído. Os textos recollidos serán publicados o venres 29 de outubro na páxina do colexio e serán editados formato libro a semana do 1 ao 5 de novembro, para poder consultar na biblioteca do CEIP de Viñagrande.
As entregas dos traballos realizaranse no prazo establecido ás tutoras e tutores correspondentes.
RECOMENDACIÓNS E NORMAS DE PARTICIPACIÓN
Todas as entregas levarán nome no exterior do sobre de participación e serán redactados na folla modelo que vai dentro.
Para participar solicítase o sobre á titora ou titor correspondente, que entregará o sobre coa información e as plantillas para a elaboración dos relatos.
Os traballos serán inéditos e orixinais, non se poden copiar.
A participación é voluntaria. Individual ou en grupo, podendo traballar con compañeiros/as ou familiares, neste caso deberán aparecer os nomes de todos os integrantes do grupo no sobre.
O formato debe adaptarse ao modelo entregado no interior do sobre, garantindo o cumprimento das marxes establecidas (escribir no interior do marco nun folio DIN A4).
Non existe extensión mínima nin máxima, cada composición pode ter a extensión e formato literario que se desexe (conto, relato curto, poesía, teatro…)
Os textos poden ser acompañados con ilustracións ou decoración da folla modelo.
Debemos coidar a limpeza na súa entrega (ortografía, caligrafía e presentación do mesmo) para o cal podemos traballar con borradores previos para despois reescribir na folla modelo.
Os traballos poderán sufrir pequenas modificacións ortográficas para adaptalo á normativa e poder publicalo, servindo de referente literario na biblioteca.
A participación neste proxecto supón a aceptación das condicións arriba descritas.
AQUÍ DESCARGAS OS MODELOS DE PARTICIPACIÓN
Comments