
Adolfina e Rosa Casás

Adolfina Casás Rama e mais a súa sobriña Rosa foron dúas labregas da Vila da Igrexa (Cerceda), cantareiras na súa comarca, xunto a outras veciñas, a mediados do século XX. Ambas foron entrevistadas por Dorothé Schubarth para o Cancioneiro Popular Galego. Non actuaron para o público xeral, máis alá dos seus veciños e familia.
Josefa Eva Castiñeira Santos, máis coñecida como Eva Castiñeira, nada en Agranzón (San Martiño de Ozón, Muxía) en 1926 e finada en 2010, foi unha cantareira galega que dende cativa cantaba nas festas, bailes e romarías xunto con súa irmá Engracia e outras veciñas. En 1981 participou como convidada nun concerto de Milladoiro, de modo que foi a primeira pandeireteira en acompañar un grupo folk.
Eva Castiñeira


Pandereteiras de Mens

Teresa, Prudencia, Manuela e Adela.
As Pandeireteiras de Mens foron un grupo de mulleres labregas dos lugares de Asalo e Mens (Malpica de Bergantiños) que desde a década de 1970 actuaron en Europa e América coa Agrupación Folklórica Aturuxo.
Prudencia Garrido Ameixenda (1905-1993)
Asunción Garrido Ameixenda (1915-2007)
Manuela Lema Villar (1913-1993)
Adela Rey Torrado (1920-2016)
Teresa Lema Varela (1924-2019)
